O BNG presenta en Amoeiro a candidatura liderada por Eri González

Os nacionalistas consideran que os votos en Amoeiro "serán determinantes para o cambio na Deputación"

Ourense | O BNG celebrou un acto de presentación da súa candidatura para as eleccións locais do vindeiro día 28, no que se contou coas intervencións da candidata do BNG, Cristina Pulido; o deputado no Parlamento de Galicia, Iago Tabarés; e o candidato á Alcaldía, Eduardo González “Eri”.

“O día 28 xogámonos o futuro de Amoeiro por iso presentamos unha candidatura extraordinaria encabezada por Eri González, sinalou o deputado do BNG, composta por persoas capaces, honesta e comprometida co futuro e a veciñanza de Amoeiro”.

Pero tamén os votos en Amoeiro serán determinantes para o cambio na Deputación , sinalaba Tabarés, “para así abandonar o clientelismo propio da saga dos Baltar e por a institución ao servizo das persoas e que Ourense supere a constante perda de poboación, emigración e destrución de emprego á que nos levaron as políticas do Partido Popular e da familia Baltar. Que os recursos da Deputación sirvan para o desenvolvemento económico e social e cultural, que os recursos públicos se destinen para procurar o benestar das maiorías sociais e non dunha elite e unha minoría. O día 28 comeza o cambio galego”.

O modelo BNG é un modelo que se basea en poñer as persoas no centro, desenvolver plenamente os concellos e os seus recursos e potencial, manifestou o candidato á Alcaldía do BNG de Amoeiro, Eri González, que continuou afirmando, por iso non queremos deixar pasar a ocasión de presentar esta candidatura que traballará en favor das necesidades da veciñanza, iso facemos onde goberna o BNG e queremos facelo en Amoeiro.

“É de xustiza dar unha vida de calidade e axuda os nosos maiores, polo que promoveremos a crearemos dun Centro de Día público para os nosos maiores” ou un transporte público que dé sevizo a todas as localidades de Amoeiro e se artelle co transpore de Ourense e axude a fixar poboación no noso concello”.

Candidatura do BNG de Amoeiro
Eduardo González Pérez. José Manuel Iglesias Cerdeira. Cristina Pulido Fidalgo. Marcos Blanco Durán. Ana María González Fernández. Agustín Gómez Bovéda. Yolanda Araujo López. Víctor Manuel Morenza Dávila. María Amparo Castro Fernández. Rubén Quintela Pérez. Carlos Manuel Gómez Bóveda. Suplentes:. Urbano Rodríguez Vázquez, Carlos Guitián Rodríguez e Xosé Anxo Sánchez Yáñez.