O BNG de Mos denuncia a falta de aparcamento no Colexio Castro Mos

Hai 2 anos e medio, inaugurouse o Colexio Castro Mos, unha nova instalación educativa que naceu cunha importante eiva, carece dun aparcamento con capacidade suficiente.
Como pasa en todos os centros escolares, no momento da recollida ou cando se deixan aos rapaces e rapazas que están no centro, acumúlanse numerosos coches. De haber sitio suficiente esto non suporía ningún perigo, pero neste caso estanse a producir situacións que poñen en perigo a integridade física dos nenos e dos pais, xa que carece de aparcamento onde se poida aparcar, e se está estacionando ao longo do vial Castro-Mos, un vial estreito e sinuoso.
Para salvarlle a cara á Xunta, o concello negociou cun veciño para que se lle cedera unha parcela frente ao colexio, unha parcela que serviría para aparcamento. Logo dunha importante inversión nesta parcela, utilizouse só ate o principio deste ano, cando o dono da parcela considerou roto o convenio co concello. Sen deixar de lado a responsabilidade do concello por negociar de xeito pésimo un convenio que ao pouco tempo queda sen efecto, e que o deixa sen capacidade para recuperar o invertido, o BNG de Mos considera que a Xunta de Galiza debe tomar medidas de xeito inmediato para solucionar esta eiva do centro escolar. A Xunta é responsable desta situación, xa que non é de recibo que se nos entregue un centro escolar novo, que carece dun aparcamento apropiado para algo tan obvio como é deixar e recoller aos rapaces e rapazas.
Por parte do BNG, e a través dos nosos deputados, imos traballar no parlamento para que se busque unha solución definitiva para este problema, xa que o concello parece incapaz de tomar esa iniciativa. Mentras tanto, a policía local debe estar día a día presente para evitar calquera situación perigosa.