O BNG de Cea reivindica a creación de comisións sectoriais

“Os cartos se gastan a criterio do grupo de goberno”

San Cristovo de Cea | O Concello de San Cristovo de Cea “que destina máis da metade do seu orzamento a salarios debería prestar mellores servizos” sostén o BNG.

O partido nacionalista dí que “o obxectivo non debe ser facer do concello a primeira empresa, senón mellorar os servizos e as condicións de vida dos cidadáns. Levamos varios anos gastando tres millóns de euros por ano, a criterio exclusivo do grupo de goberno do PP, sin que se albisquen melloras ou recuperación en ningún sector”.

“A tenencia de Alcaldía, un salario de alto cargo, limítase e vender fume, celebrar festas no seu círculo e facer miradoiros, sen preocuparse da problemática do extrarradio; fomenta a confusión das brigadas, traballador do concello ou membro de protección civil, vestindo uniforme segundo a ocasión”, explica o BNG.

O Bloque Nacionalista Galega de Cea reivindica a “creación de comisións sectoriais con participación de todos os partidos. Aprobación no pleno das obras, proxectos e baremos, e non o alcalde só. Tamén reivindica pavimentación de pistas, desbroces de camiños, control de calidade das augas e verquidos”.