O BNG da Guarda pide a celebración dun pleno extraordinario para solucionar a crise provocada polo coronavirus

 

A Guarda/BNG | O BNG presentou por rexistro a petición de convocatoria dun pleno extraordinario para abordar unha serie de medidas económicas, sociais e medioambientais para contrarrestar os efectos da crise provocada polo COVID-19.

O portavoz municipal do BNG Anxo Baz, manifestou “ A complexa situación que se nos ven encima non pode solucionala o Concello, pero o Concello si pode e debe poñer en marcha unha serie de medidas que minimicen na medida do posíbel os efectos da crise social e económica que está provocando o COVID-19”.

O portavoz nacionalista adianta tamén que “a petición do pleno vai acompañada dunha moción na que se abordan as medidas urxentes que propoñemos. Dividido en 5 apartados a moción contempla medidas que van desde a reactivación da economía local, a mellora dos servizos sociais, sin esquecer melloras mediambientais e medidas no ámbito da mobilidade e da seguridade vial”.

Anxo Baz acabou concluindo, “`esta proposta non está pechada e estamos abertos a consensuar todas aquelas medidas que contribuian a saír desta situación da mellor maneira posíbel”.