O Auriense recibirá ao Depor no estadio do Couto

A Xunta de Galicia promete o fomento do fútbol na provincia

Ourense | O partido da primeira rolda da Copa do Rey que enfronta ao Real Club Deportivo da Coruña co Auriense Cented Academy xogarase o xoves 29 de outubro ás 21.00 no campo do Couto. O conxunto ourensán ocupa actualmente a 14ª praza no grupo sur da Preferente Autonómica con 5 puntos.
Campión da Supercopa galega, o Auriense CA accedeu á Copa do Rey tras superar na eliminatoria previa ao CD San José de Soria.

Manuel Pardo, delegado da Xunta en Ourense, mantivo un encontro está mañá na Delegación Territorial co presidente do Auriense CA, Manuel Cerón, equipo de fútbol ourensá que se enfrontará a partido único ao Depor. Manuel Pardo transmitiulle o firme compromiso da Xunta de Galicia na promoción e o fomento do fútbol na provincia de Ourense, co convencemento de que o deporte constitúe unha ferramenta fundamental para a promoción de valores, a cohesión social e o desenvolvemento da nosa mocidade.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.