O alcalde de Monforte homenaxea ós atletas Club Taekwondo Neka

Polos éxitos acadados no Campionato do Mundo celebrado en Corea do Sur

Monforte de Lemos | O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, en nome de todos os monfortinos e monfortinas, homenaxeou no salón de plenos da Casa do Concello ós oito deportistas do Club Taekwondo Neka, polos excelentes resultados que acadaron no Campionato do Mundo de Taekwondo que se celebrou en Goyang (Corea do Sur) entre o 21 e o 24 de abril de 2022.

O alcalde estivo acompañado polos 8 deportistas homenaxeados, o concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, así como familiares e representantes do Club Neka.

Os resultados conseguidos no Campionato do Mundo de Taekwondo polos deportistas do Neka en Corea do Sur, son os seguintes: Laura Álvarez Suárez: 3ª clasificada en modalidade parellas (medalla de bronce). Daniel Arel Grejs: 3º clasificado en modalidade parellas (medalla de bronce). 5 clasificado en modalidade de trío. Marco García Martínez: 5º clasificado en modalidade de trío. Aitor Teijeiro Elidio: 6º clasificado en modalidade de parellas. Lucía Roca Rodríguez: 6ª clasificada en modalidade de parellas. Karla Novo Taboada: 9ª clasificada en modalidade trío. Carlos Rey Cuadrado: participación en 1ª ronda (modalidade trío)- Alejandro Losada Rodríguez: participación en 1ª ronda (modalidade trío).

O alcalde felicitou aos deportistas asistentes e agradeceu os éxitos acadados, “pois serven para que Monforte estea moi ben representado na elite do deporte español, europeo e mundial”.

Tomé tamén adiantou que “dende o equipo de goberno estamos a analizar a posibilidade de establecer unha liña de subvencións destinadas a Clubs Deportivos do Concello de Monforte que participen en campionatos oficiais de España, de Europa e/ou do mundo”.

“Esta liña de axudas será independente da subvención nominativa que cada club teña asignada, e o obxectivo da mesma e contribuír a sufragar os gastos que lle supón a un club deportivo clasificarse para unha competición fora da Comunidade Autónoma e incluso fora de España e de Europa”, explicou o rexedor monfortino.

Outros artigos