O actor e humorista Touriñán será o pregoeiro das Festas de Ponteareas

No marco da XV Feira Tradicional dos Remedios o 8 de setembro

Ponteareas | O Concello de Ponteareas da o pistoletazo de saída ás festas dos Remedios coa lectura do pregón por parte de Xose Antonio Touriñán, o cómico galego coñecido como “Touri”.

Este ano celébrase a XV Feira Tradicional dos Remedios, que durante toda a fin de semana converterá a Ponteareas na vila que foi no pasado. Contará co mercadiño tradicional, con postos de artesanía e gastronómicos.

Tamén se poderá desfrutar de obradoiros infantís, actuacións musicais da man das Bandas de Música do municipio ou a tradicional tirada de fogos.

Anímase a cidadanía a acudir vestidos da época e desfrutar desta feira tradicional na que a protagonista é a historia e o pasado da vila. O programa das festas pode consultarse na páxina web do Concello.