O 10 de novembro comeza a campaña electoral en Castro Caldelas

As votacións serán o domingo 26

Castro Caldelas | A campaña electoral para a repetición das eleccións locais no municipio de Castro Caldelas comezará ás cero horas do venres 10 de novembro e finalizará ás vinte e catro horas do venres 24 de novembro.

O domingo día 26 efectuaranse as votacións nas mesas: 01-001-A, 01-001-B, 01-001-C. A veciñanza poderá volver exercer o seu dereito constitucional ao sufraxio, data na que tamén se repetirán as votacións noutras mesas electorais do Estado español anuladas por sentenza firme ou por acordo da Xunta Electoral competente.

No caso de Castro Caldelas procede o sufraxio tras constatarse irregularidades coa custodia e o reconto de 118 votos emitidos por correo. O Consello de Ministros aprobou un decreto polo que convoca eleccións locais parciais para o domingo 26 de novembro en máis de 40 municipios nos que non se proclamou ningunha candidatura no 28M ou se declarou a nulidade total ou parcial do resultado neses comicios. A Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeneral ordena que neses supostos celébrense comicios parciais no prazo de seis meses, e o devandito prazo vence o próximo 26 de novembro. En ambos os casos, a campaña electoral terá unha duración de quince días.

Nas eleccións locais celebradas en Castro Caldelas o 28 de maio deste ano, cun censo de 1.123 electores, votaron 834. A abstención foi de 289 (25,73 por cento). Sete votos foron en branco, 19 nulos, 371 para o Partido Popular, 398 para o PSOE e 39 para BNG. A corporación municipal está integrada por catro concelleiros do PP e 5 do PSOE. Na foto a Praza do Prado de Castro Caldelas.