Novas Portas anti-pánico para o acceso á piscina municipal de Porriño

O Porriño | David Alonso, concelleiro de Deportes comprobou hoxe as novas portas anti-pánico que serán instaladas para o acceso á Piscina no Polideportivo Municipal.

Na memoria do proxecto, o Servizo de Deportes do Concello fai constar que a Piscina Municipal inaugurouse en 1.997 e que cunha media de máis de 70.000 usos anuais necesita actuacións que palíen as deficiencias que se acumulan ao longo do tempo.

Entre elas, as portas de acceso á instalación deportiva estaban moi deterioradas e tiñan estropeado o mecanismo anti-pánico. As novas que se instalarán, con marco de aluminio e bisagras de alta resistencia en aceiro inoxidable, están dotadas do sistema de desbloqueo antipánico, absolutamente necesario dada a elevada afluencia de usuarios.
A compra e montaxe destas portas (3.900€) está integrada na partida orzamentaria total de 30.736 euros de inversión en melloras para a Piscina Municipal que están a implementarse ao longo do presente ano.