Novas luminarias LED para Salvaterra

A través do Plan Concellos por un valor de 14.000€

Salvaterra de Miño | Coa finalidade de mellorar e renovar a rede de alumeado público, o Concello de Salvaterra de Miño, a través do Plan Concellos e por un valor de máis de 14.000€, ven de renovar luminarias antigas por LED, novos brazos metálicos, postes de formigón e cableado en varios puntos, en Burguete e A Serralleira en Corzáns, A Carqueixa en Fiolledo e A Roda en Meder.

Esta acción únese as levadas a cabo tanto no Centro Urbano como en outras parroquias por parte do Concello. Ademais está en tramitación un proxecto de máis de 2 millóns de euros para o cambio a led de todas as parroquias.

Estas melloras feitas a través do Plan Concellos encáixanse dentro das liñas do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible deste Concello.

Acción que consiste na instalación de 34 novos puntos led exterior de 30W de potencia, que axudan a baixar o consumo, 22 novos brazos galvanizados e demais material necesario para modernizar e adaptar a liña.