Nova executiva municipal do PSdeG-PSOE de Salceda

Salceda de Caselas | O partido socialista de Salceda, nomea á nova comisión executiva municipal na que convive a experiencia dalgún dos cargos coa iniciativa de novas caras.
Desta nova exectiva sae referendado como Secretario Xeral Rodrigo Martínez González, que se reforza cunha Vicesecretaría Xeral que será ocupada por Verónica Tourón, asesora da actual Tenente Alcalde do Concello de Salceda, Marina Cabaleiro, que á súa vez volta a ser elixida como Secretaria de Organización.
Os afiliados do PSdeG de Salceda mostran, unha vez máis o apoio ao traballo que desempeña Marina Cabaleiro, como representante socialista no Concello así como no labor desempeñado á fronte da Secretaría de Organización. Para continuar con este traballo, a Tenente Alcalde contará co apoio de Patricia González Groba como Vicesecretaria de Organización e Javier Állica Pérez, achegado a esta secretaría e que será o responsable de afiliación.
O resto da executiva estará formada polos seguintes nomes:
Secretario de Política Municipal: Luís Pereira Álvarez.
Secretario de Acción Electoral: Rubén González Coto.
Secretaria de Formación: Silvia Rodríguez Vaqueiro.
Secretaria de Política Social e Igualdade: Ángela Ledo Souto.
Secretario de Administración: Angel Nevado Alsina.
Rodrigo Martínez: “queremos agradecer a tódolos afiliados ou seu apoio, e comprometémonos a continuar ca andaina iniciada fai un ano cun proxecto que aínda non tivo tempo de ser completamente desenvolto, pero non que estamos a traballar sen descanso, co obxectivo principal de seguir facendo partido en Salceda de Caselas”