Non derrubar a chimenea das Pontes.

Xosé-Bieito Coello Coello

Gustaríanos que rematen o expediente aberto para declarar a Chimenea BIC (Ben de interese cultural) polas seguintes razóns:

A chimenea e o maior símbolo das Pontes e representa perfectamente unha época industrial que se desenrolou nesta bisbarra.

Se temos en conta a altura é o grosor,é a chimenea máis grande de Europa e unha das maiores do mundo.

“Está ben conservada e o seu mantemento en moitísimos anos e ínfimo”

Está ben conservada e o seu mantemento en moitísimos anos e ínfimo, e de ningún modo ten porqué corresponder ó Concello. O que sí habería que facer é un estudio, sen presa, para ver a que se podía dedicar, para facela incluso rendible.O que si ten un prezo elevado é o seu derrube, que de facerse, xa sabemos que o vai pagar Endesa a quen seguro lle sae máis caro que a súa conservación.

A base da chimenea ocupa moi pouco espazo e non impide que a súa beira exista chan industrial. Neste intre non existe ningunha empresa que teña previsto instalarse nesa zona, e polo menos ata 2030 non se podería instalar ningunha nese espazo.

Tampouco se deberían derrubar outras instalacións, como o parque de carbóns ou outras naves, que poden ter moita utilidade no futuro.

E moi fácil facer desaparecer os edificios industriais, que custou moito construír. Que beneficio sacou As Pontes do derrube doutros edificios industriais? Uns poucos que quedan de Calvo Sotelo estanse utilizando.

O que se derrube absolutamente todo o complexo da Central, é exclusivamente un interese de Endesa para desvincularse totalmente de As Pontes, onde coa explotación de lignito fixo un negocio incalculable moitos anos, e conta coa colaboración do Goberno do Concello, non se sabe porque motivo, iso sí, demostrando unha enorme falta de cultura sobre o que significa Patrimonio Industrial.

Deberían viaxar por Ponferrada, Rio Tinto, diferentes puntos de Asturias, etc e xa non digamos polo estranxeiro, para poder opinar do valor que no presente e sobre todo no futuro pode ter ese Patrimonio.

Que non se derrube esta chimenea non só o subscribe moita xente das Pontes, senón tamén personalidades técnicas e culturais e organismos públicos galegos. Non se coñece ninguén, cunha certa relevancia, que se pronunciara a favor do derrube.