Noites de Verán 2022 en Ribadumia

Con variedade de espectáculos os días 15, 22 e 29 de xullo

Ribadumia | O Concello de Ribadumia informa de que durante esta semana de xullo dará comezo unha nova edición das Noites de Verán, onde terán especial protagonismo os concertos, as representacións teatrais e as funcións de maxia. Todos estes espectáculos farán que os veciños de Ribadumia e achegados gocen do ocio estival con toda a familia.

As Noites de Verán inauguraranse este venres 15 de xullo ás 22:00 horas na Carballeira de Barrantes, coa actuación da Banda Municipal de Ribadumia. A entrada será libre. O resto da programación prevista para este mes é a seguinte:

MES DE XULLO
DIA              HORA          ACTO
15                 22.00 H       BANDA MUNICIPAL DE RIBADUMIA
22                 22.00 H      GRUPO AÑORANZA
29                  21.00 H      O MAGO PACO

Durante o mes de agosto, os venres continuarán a ser os grandes protagonistas da semana con máis eventos pola noite. Desde o Concello, animamos así a todos e a todas a pasar un bo rato en Ribadumia desde este venres na compañía dos amigos, a familia e as Noites de Verán.