Nigrán terá a súa primeira banda de música municipal

Grazas a recén creada ‘Agrupación Musical Santiago de Parada’

Nigrán | O Concello de Nigrán avanza este ano no primeiro paso de cara a crear a primeira banda de música do municipio. Isto será posible grazas a recén creada ‘Agrupación Musical Santiago de Parada’, que arranca xa como unha escola de música que formará desde a infancia unha canteira de instrumentistas locais que nutrirán esta futura banda.

O proxecto cultural xurdíu da iniciativa do Centro Cultural ‘Parada o Miñor’ e de Daniel González Troncoso, director dos diferentes conxuntos do Ateneo Musical de Bembrive, e o Concello lle outorga o respaldo económico necesario cunha achega de 20.000 € para adaptar as instalacións desta entidade e outros 20.000 € para a adquisición de instrumentos e os diferentes recursos que precisan para iniciar esta escola.

“Como Concello estamos moi orgullosos de apoiar este proxecto que nace na parroquia de Parada e que nos outorgará a primeira banda de música do municipio.

En canto nolo presentaron non dubidamos en darlle o respaldo económico imprescindible para que a banda se fixese realidade”, referíu o alcalde, Juan González, na presentación desta iniciativa o venres no colexio Carlos Casares de Vilariño (aquí acuden as crianzas da parroquia de Parada que, coma todas as do municipio, xa se poden inscribir)