
Lugo | A localidade de Chantada acolleu este 25 de abril a constitución de Agora Galicia, unha representación de máis de 40 formacións políticas entre as que se inclúe Manifesto Miñor (MM) cuxo obxectivo é organizarse de cara ás eleccións municipais 2027 para sumar votos dentro das Deputacións e potenciar a voz do municipalismo ante as distintas administracións públicas.
Nese sentido, o líder de MM, Antón Araúxo, indicou que a súa formación vaise “preparar para maio de 2027” coa finalidade de crear un espazo común para un “proxecto galego” que reforcé “o peso do municipalismo galego nun contexto político de cambios”.
Agora Galicia adoptou un Codigo de Ética compartido como eixe vertebrador de iniciativas como a profundización democrática, a defensa do medio ambiente, o compromiso coa igualdade e unha posición común contra o militarismo no contexto internacional. De cara ás municipais, a plataforma concorrerá cunha fórmula de coalición que permitirá manter as siglas locais co fin de preservar a autonomía de cada candidatura.




