Muíños recibe axudas de apoio ao eido local

Tamén afecta ao complexo turístico deportivo do Corgo

Muíños | No Concello de Muíños remataron as obras da renovación da iluminación en distintos puntos, ás que se destinaron 30.000 euros do Fondo de Compensación Ambiental FCA). Concretamente estase a mellorar a iluminación exterior no núcleo da Pousa e a interior da casa consistorial e do albergue A Rola coa substitución das luminarias por outras tipo led, máis eficientes.

Muiños recibiu tamén 29.000 euros para a adquisición de maquinaria e 46.000 para a mellora do abastecemento dos núcleos de Piñoi, Cados e Porqueirós, ambas no marco do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local (FCL).

No complexo turístico deportivo do Corgo vai ser ampliado o hangar de embarcacións cunha achega superior aos 38.000 euros e vai ser adquirido equipamento cun financiamento de 10.000 euros.

Estas contías enmárcanse na primeira convocatoria de axudas para instalacións deportivas municipais, dotada con case seis millóns de euros e que beneficiou 148 municipios de toda a comunidade. Na foto Plácido Álvarez, alcalde de Muíños, segundo pola esquerda.