Mos presenta a súa programación cultural de Semana Santa

Con actividades lúdicas cumprindo os protocolos sanitarios

Mos | A concellería de Cultura e Turismo do Concello de Mos que dirixe a edil Sara Cebreiro ten preparada unha programación cultural de Semana Santa, chea de actividades lúdicas para gozar en familia sen necesidade de moverse do municipio.

Os días 1 e 2 de abril (xoves e venres santo) o auditorio do Centro Dotacional de Torroso acollerá diferentes sesións de cine nos seguintes horarios e coas seguintes películas:

– XOVES 1. “El VIAJE DE CHIIRO” sesións ás 11:30 h e ás 17:00 h
– VENRES 2. “CAMPEONES” sesións ás 11:30 h e as 17:00 h

Para acudir a estas sesións será necesario reservar previamente, desta forma, será posible cumprir con todos os protocolos anti covid19.

Poden facelo chamando aos seguintes números de teléfono:
986 33 94 04 (de 9:00h a 14:00h)
986 33 83 25 (de 16:00h a 21:00h).

O sábado 3 e como non podía ser doutra maneira, tamén estará presente na devandita programación, a música tradicional, será da man dos grupos locais “ARUME e ALGARABÍA” que actuarán nos exteriores do Pazo de Mos ás 18:00 h, tamén previa reserva de entrada.

Así mesmo, o domingo 4 o lecer en familia será orientado aos máis pequenos da casa co espectáculo de clown “Rogelio, un pallaso en recuperación” onde o protagonista será o humor. “Rogelio leva encerrado na súa casa 20 anos. No instituto facíanlle bullying. Despois de ler a Paulo Coelho e seguir unha terapia de 12 pasos, está no último banzo. Paso número 12: facer en público o que máis lle gusta, a maxia. Se sae todo ben, danlle a alta médica. Pero claro, só poderá curarse coa axuda do púbico”

Para acudir a algunha destas dúas actividades que terán lugar no Pazo de Mos, será necesario reservar previamente por whatsap ao seguinte número: 639 300 974. En caso de choiva trasladaranse ao interior.