Mos organiza curso de lingua de signos para a mocidade

Formación on line de 60 horas de duración

Mos | O xoves 22 de abril será o último día para incribirse no Curso de lingua de signos Nivel A 1 de 60 horas que organiza o Concello de Mos dirixido á mocidade maior de 16 anos.

Trátase dun curso on line no que a formación realizarase a través da plataforma SignoCampus entre o día 3 e o 30 de maio. O prezo é de 80 € para a poboación xeral e 60 € para persoas desempregadas.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o xoves 22 de abril no Rexistro do Concello ou na Sede Electrónica. A lista de admitidos publicarase o venres 23 de abril na OMIX, no Rexistro do Concello e na páxina web do Concello de Mos.

O número total de prazas ofertadas é de 25, que serán asignadas por rigorosa orde de entrada no Rexistro Xeral do Concello.