Mos homenaxeará a Óscar Pereiro

O próximo 17 de xullo e co motivo da 20ª etapa da Volta 2021
Imaxe de arquivo de Óscar Pereiro coa alcaldesa Nidia Arévalo durante a promoción da Volta 2021.

Mos | Co motivo dá chegada a Mos da 20ª etapa da Volta 2021 o 4 de setembro; o Concello de Mos dentro da súa programación previa a chegada da dita etapa, organiza o  vindeiro sábado 17 de  xullo  unha carreira de exciclistas en Mos.

Comezará  as 18:00 h  dende  Sanguiñeda – Explanada La Reina e ten previsto rematar  ás 19:00 no Castro  de Herville, lugar  onde rematará  tamén a 20ª etapa de La Vuelta.

Contaremos  coa presenza de ciclistas e varios  exciclistas profesionais, Óscar Pereiro, Álvaro Pino, Ezequiel Mosquera, Marcial Rodriguez, Serafin Martinez, Genaro Prego, José Ángel Vidal, José Teixeira, Evaristo Portela, Juan Campos, Isidro Araujo, Fabián García, Pako Boente, José L. Boente.

Tamén contaremos coa participación de Susana Alonso Carballo.

Haberá  moitas sorpresas máis que non se poderán desvelara ata o propio día.

Con esta actividade organizada dende a mesa de La Vuelta de Mos, a administración en nome dos mosenses mostra así o seu agradecemneto a Óscar Pereiro polo seu traballo e implicación para que as etapas de La vuelta 2020 e 2021 fosen unha realidade no seu municipio.