Mos acometerá un muro na estrada Olegario Rodríguez

Para mellorar a seguridade viaria

Mos | A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente acalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informaron hoxe de que xa se atopa iniciado o procedemento de contratación para a construcción dun muro de contención na estrada Olegario Rodríguez Gayoso, co obxectivo de mellorar a seguridade viaria do vial, e no que a administración local mosense investirá 30.000 euros de fondos propios municipais.

“Un dos principais obxectivos do goberno local é manter nas mellores condicións o viario municipal para garantir a seguridade de conductores, viaxeiros e peóns, por iso consideramos preciso a realización dun muro de contención de pedra na estrada Olegario Rodríguez, que conteña o noiro e lle dea máis estabilidade ao firme da estrada”, explicaron esta mañá os representantes municipais, Arévalo e Augusto.

O muro realizarase na estrada Olegario Rodríguez Gayoso, lugar de Roublín, parroquia de Pereiras.

Realizarase un muro de contención con cachotes de granito, os cales irán asentado a oso, disporanse tizóns a medida dos que se van subindo fiadas. Rematarase o muro con dúas fiadas de sillería con postes de pedra intercalados. Acondicionarase o espazo comprendido entre o asfalto actual e o muro de contención, para o cal previamente procederase á compactación e explanado da terra, aporte de balastro e posterior asfaltado. O orzamento de execución por contrata desta obra ascende a 30.000 euros, IVE incluído.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos