Monforte mellora a iluminación do Campo Municipal de Fútbol da Pinguela e das Pistas de Atletismo

Converténdose no único Concello de España coa totalidade de luces LED

Monforte de Lemos | O Concello de Monforte anuncia as importantes melloras na iluminación do campo municipal da Pinguela e das Pistas de Atletismo Saleta Fernández López. Con esta actuación mellórase notablemente o nivel de iluminación do terreo de xogo e das pistas de atletismo coa instalación de 8 novos proxectores led de 1000 vatios cada un, 2 en cada torre de iluminación.

O número total de focos pasa de 16 a 24, conseguindo deste xeito pasar dun nivel de iluminación de 150 a 250 lux , case o dobre do que había antes desta intervención, o que equivale a un nivel II de iluminación segundo os criterios da norma UNE 12193-2020 de iluminación de instalacións deportivas.

Ademais, a grada de público, que ata o de agora non tiña iluminación exterior, pasa a estar dotada con 32 pantallas led de 30 vatios cada unha, que garanten un máis que adecuado nivel de luminosidade. A empresa encargada de realizar a obra foi CYME Santos Héctor S.L. con un investimento total de 45.275,01 €

Esta nova mellora en instalacións deportivas, ven a demostrar o importantísimo esforzo que este equipo de goberno está a facer por mellorar as instalacións existentes, con unha inversión de máis de 800.000 € ós que hai que engadir o novo proxecto de reforma integral do polideportivo municipal de A Pinguela con un orzamento de case 4.000.000 de € e que foi aprobado no último pleno municipal sen o apoio da oposición que votou en contra do mesmo.

O alcalde considera “prioritarios todos estes investimentos tanto en infraestruturas como en mellora dos servizos que contribúen a aumentar a calidade de vida dos veciños ó tempo que axudan ó coidado e respecto polo medio ambiente e supoñen un gran aforro enerxético para as arcas municipais”.

Jose Tomé afirma que “con todas as melloras feitas e as que están a punto de comezar, dotamos a Monforte dunhas instalacións deportivas o nivel que merece a nosa cidade e proporcionamos a todos os amantes do deporte unhas infraestruturas seguras, eficientes e en condicións óptimas de utilización”.