Mondariz recibe 39.000€ para actualizar o PXOM

De parte da Xunta de Galicia

Mondariz | O alcalde de Mondariz, Calis Montes, informa que o Concello vén de recibir o apoio da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas que subvencionará con 39.000€ a reactivación da actualización do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

O goberno de Mondariz desbloqueará así máis de vinte anos de parálise do plan xeral, un documento fundamental para o avance e organización das vilas. O PXOM é un instrumento básico no que se planifica o terreo mediante a clasificación do solo, o rexime urbanístico aplicable a cada solo e organiza os equipamentos e servizos municipais.

Nun encontro mantido en Santiago de Compostela, a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, e o alcalde coincidiron na necesidade de avanzar neste documento “que permitirá ampliar a oferta de solo para vivendas, espazos dotacionais, comerciais e de lecer, ademais de protexer o patrimonio natural e histórico”.

Calis Montes adianta que o Concello de Mondariz procederá o antes posible á contratación do servizo.