Modificados o prazos da campaña “Activa Tui”

Amplíase até o 28 de febreiro por mor das medidas contra a COVID 19

Tui | O Concello de Tui vén de modificar os prazos establecidos inicialmente na campaña Activa Tui ante as novas medidas restritivas que entraron en vigor esta semana e que afectan directamente tanto aos establecementos comerciais coma a hostalería.

O prazo para a adherirse a esta campaña de bonos Activa Tui para os establecementos, que remataba hoxe, se amplía até o 28 de febreiro. O próximo 1 de marzo será cando se faga pública a listaxe cos establecementos participantes.

Se modifica tamén o prazo no que a cidadanía, maior de 16 anos, poderá solicitar un máximo de dous bonos de 10€ para canxear en compras superiores a 25€ nos establecementos participantes. Aquelas persoas interesadas en obter estes bonos poderán solicitalos entre o 1 de marzo e o 30 de abril en activa.tui.gal. O emprego do bonos nos establecementos participantes poderá realizarse dende a súa recepción até o 30 de abril.

O Concello de Tui destina a esta iniciativa 50 mil euros. Os bonos intégranse dentro do Plan de Reactivación económica do concello de Tui plantexándose coma unha medida extraordinaria para axudar o tecido empresarial a paliar os efectos económicos negativos derivados da pandemia da COVID-19 nas microempresas e persoas traballadoras autónomas do termo municipal.

Toda a información sobre a campaña Activa Tui pódese ampliar en activa.tui.gal.

Outros artigos