Memorial “EAM Matías Candeira” en Salvaterra

Este 19 de agosto no Campo de Fútbol de Dextros

Salvaterra de Miño | A empresa Electra Alto Miño ven de pechar un acordo co Concello de Salvaterra de Miño para recuperar o “Memorial EAM Matías Candeira”, torneo de
fútbol modesto e de base que se celebrará en categoría senior o vindeiro 19 de Agosto a partires das 17:30 horas no Campo Municipal de Dextros (Salvaterra de Miño), e nas categorías alevín e benxamín o 23 e o 30 de setembro respectivamente no campo de Casal.

Trátase dunha aposta clara e moi importante para o fútbol local, xa que se estima un investimento superior aos 15.000€ que a empresa eléctrica e instaladora quere facer de xeito anual.

Ademais de asumir todos os gastos derivados da actividade, Electra Alto Miño quere axudar aos clubes de xeito directo, sendo coñecedores dos gastos que teñen que afrontar os clubes en cada tempada; por iso, aportarán axudas económicas por inscricións e premios que serán destinadas ás numerosas necesidades en cuestión de tramitacións de licencias, material deportivo, arbitraxes, desprazamentos… que precisan os clubes.

A empresa “Augas De Mondariz” tamén quere dar o seu apoio aportando as
augas para todos os participantes. O 19 de agosto en formato dun cuadrangular, os equipos senior da S. D. Salvaterra, Atlético Arnoia (Ourense), Porriño Industrial e Caselas F.C., estrearán o novo memorial a partires das 17:30 horas. A entrada para este torneo é de balde. Ao remate da entrega de trofeos, os 4 equipos gozarán xuntos duns pinchos para recuperar forzas tamén por cortesía do patrocinador.

O 23 e 30 de setembro será o turno dos rapaces e rapazas, a verdadeira esencia deste torneo, que contará con 6 clubes/escolas invitados da comarca do Condado ainda pendentes de determinar, que participarán coas categorías alevín e Praza da Constitución, nº1. Salvaterra de Miño. 36450. Tlfs: 986 65 81 26 – 986 65 80 82 comunicacion@concellodesalvaterra.org benxamín e que tamén rematará nunha merendola para os nenos e nenas participantes.

Gran iniciativa desta importante empresa galega no apoio ao desenvolvemento do fútbol modesto e de base, que suporá unha gran axuda no inicio de cada tempada.