Melloras enerxéticas no Balneario de Pantón

Obras da cadea Iberik Hoteles no hotel balneario Augas Santas

Pantón | A cadea Iberik Hoteles executou obras no hotel balneario Augas Santas, en Pantón, consistentes na substitución de toda a maquinaria por equipos máis eficientes para “garantir un importante aforro enerxético e unha gran mellora” das condicións deste balneario.

Tamén creou un novo espazo acristalado na cafetería e restaurante, cuxo deseño favorece a ventilación natural e as habitacións estrean decoración e un novo sistema de apertura de portas mentres que o campo de golf modernizou a zona de vestiarios e de prácticas. No espazo exterior, tamén se actuou nas zonas axardinadas da piscina.

Esta posta a piques dos hoteis Iberik (incluídos o de Triacastela (Lugo) o de Rocallaura (Lleida), con especial atención á eficiencia enerxética e as novas tecnoloxías, ten a mirada posta na tempada de primavera, na cal prevé alcanzar unha porcentaxe de ocupación “moi por encima” do obtido durante o mesmo período de 2021.

Segundo explica Iberik Hoteis, o seu plan estratéxico para este ano pasa por “duplicar” a súa cifra de negocio con respecto ao último exercicio. A compañía, con capital íntegramente español, traballa coa previsión de ter operativas todas as súas instalacións ao 100% en marzo para unha tempada de primavera na que espera unha alta ocupación.