Mellora da seguridade vial en Entenza

Salceda de Caselas | O Concello de Salceda de Caselas sigue investindo na mellora das infraestructuras que reflicten nunha mellor calidade de vida dos seus veciños e veciñas.
Recentemente foi adxudicada á empresa COVSA, S.A. a obra de pavimentación da estrada que une o barrio da Feira con Cotello (Entenza), esta pavimentación  consiste na apertura e ensanche de 5 metros, e construción de cunetas que distribúan as augas pluviais.
O obxectivo desta obra, financiada en 32,865 € co Plan de Investimentos 2009- 2011 da Deputación Provincial, é o de mellorar as comunicacións existentes entre entre dúas parroquias de Entenza e a parroquia de Cabreira do Concello de Salvaterra.
O Concelleiro de Vías e Obras, Fortunato Álvarez, resalta a importancia de ter unha rede vial óptima tanto para beneficiar aos veciños e veciñas da parroquia como para facilitar a comunicación entre as parroquias de Entenza e Cabreira