Medalla de Ouro do Liceo de Ourense para Xesús Alonso Montero

Foi concedida por unanimidade

Ourense | A xunta directiva do Liceo de Ourense acordou, por unanimidade, conceder a distinción da Medalla de Ouro da Sociedade Liceo de Ourense a Xesús Alonso Montero, ensaísta, sociolingüista, poeta e conferenciante, catedrático de Literatura galega e membro da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega.

Segundo a directiva da sociedade “desde hai moitos anos Xesús Alonso Montero, mantén unha estreita relación co Liceo de Ourense; son innumerables as conferencias ditadas na nosa sede, presentación de libros, faladoiros. Sempre está disposto a colaboarar coa nosa sociedade en calquera evento cultural que se lle propoña”.

Así mesmo, “aproveita calquera oportunidade, para reivindicarse como liceísta. É, por todo o exposto, e en agradecemento por sua vinculación coa nosa sociedade, que a directiva do Liceo toma o acordo de conceder a Medalla de Ouro a Xesús Alonso Montero”.

Xesús Alonso Montero, e naceu o 28 de novembro de 1928 en Vigo. Pasou a súa infancia e adolescencia en Ventosela, a terra dos seus pais. Pertence á xeración de escritores que comezaron o seu labor cultural despois da Guerra Civil española e desde entón ven desenrolando un grandioso traballo en prol da cultura galega.