María do Ceo celebra 25 anos de carreira con novo disco en Ourense

Proxectouse o video clip “A Fala de Manuel María”

Ourense | O Liceo de Ourense foi o marco escollido para a presentación do novo disco, e van xa dezasete, adicado en corpo e alma a Galicia. Con este novo disco María do Ceo, a cantora galaico-portuguesa, celebra vintecinco anos de carreira, converténdose deste modo na voz que máis musicaliza poetas galegos. Neste Libro disco a Rosalía de Castro, Neira Vilas, Manuel María, Ricardo Carvalho Calero.

Mención aparte merecen os tres poemas de Armando González López; “Galicia Naí” que da título á obra, Morada de Bagoas un poema denuncia da violencia de xénero ou o Fado do Couto Mixto unha ponte cara a Galicia Lusófona.

En verbas de Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia: “María e a embaixadora do Galego para achegalo a Lingua irmá o Portugués da península ou de Brasil por poñer un exemplo.”

Tamén se proxectou o video clip “A Fala de Manuel María” feito, por O Faiado Producions.