Manuel Fernández Quevedo, Fillo Adoptivo de Oviedo

É o presidente da asociación Día de Galicia en Asturias

Oviedo | Manuel Fernández Quevedo, presidente da asociación Día de Galicia en Asturias, foi elixido Fillo Adoptivo de Oviedo nunha sesión plenaria extraordinaria do Concello da capital do Principado. Nacido en Nogueira de Ramuín, Ourense, vive desde 1981 en Oviedo.

Como responsable do colectivo galego “impulsa o irmandamento entre ambas as rexións” e cada ano no mes de setembro organiza unha semana de actos desta organización con relevancia na cidade.

Tamén foron elixidos Hijos Adoptivos o artista Manolo Linares; a filósofa Amelia Valcárcel; o xornalista Evaristo Arce; e o artista Eduardo Úrculo (a título póstumo).
O cantante Melendi foi nomeado Fillo Predilecto cando está a piques de dar tres concertos nas festas de San Mateo e onde se producirá a súa volta aos escenarios ovetenses.

Todos estes nomes foron propostos polo alcalde, Alfredo Canteli, en marzo e aprobados máis tarde en comisión. Onte, pasaron polo Pleno (celebrouse un por cada distinción) e pronto celebrarase a gala de entrega destes recoñecementos. Na foto, Manuel Fernández Quevedo, primeiro pola dereita.