Manifestación no Barco de Valdeorras en defensa da sanidade pública

Unhas 4.000 persoas pediron un servizo sanitario digno e de calidade
Catro mil persoas participaron na manifestación que se celebrou este domingo no Barco en defensa dun servizo sanitario digno e de calidade.

O Barco de Valdeorras | Catro mil persoas participaron na manifestación que se celebrou este domingo no Barco en defensa dun servizo sanitario digno e de calidade na comarca de Valdeorras.

A asociación de empresarios valdeorreses apoiou a protesta que os convocantes cualificaron de exitosa. No percorrido desde o barrio de Viloira ata o Hospital Comarcal de Valdeorras, onde se leu un manifesto, os participantes corearon consignas alusivas ao presidente da Xunta, ao conselleiro de Sanidade ou á xerente da área sanitaria.

“Feijoo, atende, Valdeorras se defende”, “ou noso hospital cada día está máis mal” ou “non queremos listas, queremos especialistas” foron algúns das lemas.

Á cabeza da marcha ía a xunta de persoal do centro hospitalario barquense que portaban unha pancarta que dicía: “Sanidade pública e digna para as comarcas do oriente ourensán”.

No manifesto explicouse que o centro hospitalario está “desmantelado” e citáronse problemas de persoal en servizos como cirurxía xeral, traumatoloxía, uroloxía, cardioloxía, radioloxía ou medicina interna. “E así un servizo tras outro, un día tras outro.

E, mentres tanto, as nosas listas de agarda eternízanse, as nosas enfermidades agrávanse e a xente more”, dixo Mariluz Moldes, directora colexio Julio Gurriarán, que foi quen leu o texto.