Luís Menor inicia os contactos cos alcaldes da provincia de Ourense

O presidente da Deputación mantivo os encontros pola cooperación institucional

Ourense | Luís Menor Pérez, presidente da Deputación, vén de iniciar unha rolda de contactos cos alcaldes da provincia co fin de escoitar as súas propostas e necesidades, ademais de explicarlles persoalmente as novas liñas estratéxicas que marcarán a xestión da institución provincial.

Menor Pérez recibiu no pazo provincial aos alcaldes de Trasmiras, Emilio Pazos; Allariz, Cristina Cid; Os Blancos, José Manuel Castro; Gomesende, Pura Rodríguez; Parada de Sil, Aquilino Domínguez; San Cristovo de Cea, José Luis Valladares; e Castrelo de Miño, Avelino Pazos.

Os encontros cos rexedores ourensáns continuarán nas próximas semanas para analizar polo miúdo os proxectos nos que está colaborando a Deputación e as necesidades dos concellos, co fin de articular mecanismos eficaces de cooperación institucional.

Esta rolda de contactos complementa o programa de visitas que vén realizando Luís Menor a distintos puntos da provincia, no marco dun dos seus eixos de traballo que pasa por ter unha presenza continua no territorio. Na Foto José Luís Valladares, alcalde de Cea despedíndose de Luís Menor Pérez, presidente da Deputación de Ourense.