“Lucus In Vino Veritas” dinamiza o sector comercial, turístico e cultural de Lugo

Con 30 adegas seleccionadas de toda a península

Lugo | A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e a concelleira de Desenvolvemento Local e Emprego, Ana G. Abelleira asistiron ao evento ‘Lucus In Vino Veritas’. Un evento diferente do sector vinícola, que reuniu a preto de 30 adegas seleccionadas de toda a península.

O Concello de Lugo colaborou nesta segunda edición pola capacidade que unha actividade deste tipo ten para dinamizar outros sectores tales como o comercio, o turismo, o lecer ou a cultura.

Na xornada a rexedora puido presenciar a cata de augardentes e licores, impartida por Sonia Otero Padín, vogal do consello regulador da I.X. das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

A Catedral recibirá novamente aos amantes do viño ás 18.00, entre as actividades incluídas na programacion esta previsto un concurso de cata por equipos con premios que inclúen a visita a unha adega con cata, un lote de 10 viños proporcionados e seleccionados pola organización e un premio económico de 500 euros, ás 20:00 realizarase un Showcooking e para rematar “Supreme Jazz Dúo” dará un concerto musical.