Lucía Rodríguez será a pregoeira da XLIV Feira do Viño de Amandi

Ou seu pai é de Sober e a súa nai de Castro Caldelas

Sober | Lucía Rodríguez, xornalista e presentadora de televisión con raíces en Sober, será a pregoeira da XLIV Feira do Viño de Amandi. A moza defínese como “100% Ribeira Sacra”, debido a que o seu pai é de Sober e a súa nai de Castro Caldelas.

O programa que presenta na TVG ‘Xente marabillosa’ vén de conseguir o Premio Iris da Academia da Televisión, que recolleu en Madrid. Luís Fernández Guitián, alcalde de Sober asegura que “é unha gran embaixadora do noso Concello, polo que estamos moi contentos de que estea connosco no maior escaparate dos nosos viños, o Amandi”.