Lúa ConLuvas regresa a Biblioteca Municipal do Porriño procedente de Rusia

O PORRIÑO | Lúa ConLuvas regresa mañá xoves a Biblioteca Municipal do Porriño procedente de Rusia e coa sua maleta cargada de fresas para merendar e de historias que contarlle aos nenos e nenas do Porriño.

“Todos os xoves ás 18:30 horas”

Lua Conluvas é unha actividade de animación á lectura que se desenvolve na Biblioteca Municipal do Porriño, e que se entende como unha proposta didáctica e divertida ao mesmo tempo. Lúa ConLuvas é unha exploradora e viaxeira incansable que vive na Biblioteca Municipal do Porriño. Todas as semanas parte de viaxe a un país distinto, levando sempre consigo unha maleta que a acompaña nas súas aventuras, e onde garda os recordos de cada país visitado, para volver todos os xoves á biblioteca e contarlle aos nenos e nenas a forma de vivir e sentir doutros pobos do mundo.

Novas do Eixo Atlántico - Lúa Conluvas

Outros artigos