Lara Meneses será a candidata do PP Tomiño para as municipais 2023

Presentará a súa candidatura o vindeiro 17 de decembro

Tomiño/PPdeG | Lara Meneses presentará o vindeiro 17 de decembro a súa candidatura ao Partido Popular de Tomiño para as vindeiras eleccións municipais do 28 de maio de 2023.

O acto de presentación terá lugar o sábado 17 de decembro no restaurante “Las Colinas”, en Santa María de Tebra (Tomiño) Estarán presentes o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, e o presidente provincial, Luis López Diéguez.

Ilusión, valentía e saber facer son os ingredentes do novo proxecto de Lara Meneses para tentar levar ao PP á Alcaldía tomiñesa.