IX xuntanza escolar infatil en Salvaterra

O Parque da Canuda acolleu preto de 300 nenos e nenas

Salvaterra de Miño | Este venres 31 de maio celebrouse no Parque da Canuda de Salvaterra de Miño a 9ª Xuntanza Escolar Infantil na que participaron os centros escolares CEIP Infante Felipe de Borbón, o CRA A Lagoa, e o CEIP de Leirado, contando coa colaboración do Concello de Salvaterra de Miño e da Policía Local, a Garda Civil, Medio Ambiente, Protecce nais e pais voluntarios do centros participantes.

Ó longo da mañá pasaron polo parque preto de 300 nenos e nenas dos diferentes grupos
formados polos citados centros educativos que realizaron diferentes obradoiros e
actividades como pescar, educación vial, mostra das emerxencias, inchables, obradoiros
de xogos psicomotrices… Sen dúbida unha gran xornada que desfrutaron en compañía dos país e nais e profesorado que acompañou os pequenos durante toda a mañá.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.