IX Certame Galego de Corais “Vila de Arbo”

Terá lugar o 11 de maio no Auditorio Segundo Gil Davila

Arbo | O Concello de Arbo no seu interese por apoiar a cultura musical polifónica coral, abre o prazo de solicitude para participar no IX Certame de corais “Vila de Arbo” que terá lugar o día 11 de Maio do 2024 en horario de tarde no Auditorio Segundo Gil Davila de Arbo.

Poderán participar todas as agrupacións corais que sexan da Comunidade Autónoma de Galicia, e tamén as corais que estean inscritas na Federación Coral Galega FECOGA que non sexan profesionais nin pertenzan a ningunha escola profesional ou semiprofesional de musica, sen ningún tipo de acompañamento musical (soamente a capela). Si se incumprise esta base o grupo quedaría fóra do concurso.

O prazo de inscrición rematará o 8 de Marzo de 2024 ás 15.00 h.

Para inscribirse as agrupacións interesadas enviarán a instancia e modelo que figura no Anexo as bases solicitando a súa inclusión no Certame e a documentación sinalada na Cláusula Terceira.

Durante o período de inscrición estará no concello de Arbo a dispor das agrupacións a obra obrigada para as corais que a soliciten poder enviarlla o seu enderezo

Máis información no seguinte enlace: https://www.concellodearbo.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=19