IV edición do Festival Internacional de Cine Infantil Cinema Miúdo de Ames

Coa colaboración da Deputación da Coruña
Os galardóns entregáronse nunha máxica gala de clausura conducida pola xornalista da Crtvg Loly Gómez, que foi dando paso aos gañadores nesta edición do 2021.

Ames | Tras tres días de proxeccións e actividades paralelas, hoxe domingo, deronse a coñecer os nomes das curtas premiadas nesta cuarta edición do Festival Internacional de Cine Infantil, Cinema Miúdo que organiza o Concello de Ames, coa colaboración da Deputación da Coruña.

O Premio do Xurado na categoría “Axóuxeres” (a partir de 2 anos) foi para “Voa”, do director Carlos Gómez – Mira Sagrado e, na categoría “Buxainas” (a partir de 7 anos), foi para “Folla en branco”, do director Bastian Eipert.

Os nenos e nenas asistentes as proxeccións das curtas foron os encargados de decidir que curtas levaban o Premio do Público. Neste caso, as elexidas en categoría “Axóuxeres” foi para “Eu, un monstruo?”, e en categoría “Buxainas”, para “Cat Lake City”, da directora Antje Heyn.

Os galardóns entregáronse nunha máxica gala de clausura conducida pola xornalista da Crtvg Loly Gómez, que foi dando paso aos gañadores nesta edición do 2021. Unha gala na que tampouco faltou a maxia e o ilusionismo da man de Carlos Tomico, de Magia en la manga e na que se proxectaron as curtas gañadoras.

Como broche final, Chuches Amil levaron ao escenario o seu proxecto musical para toda a familia cun aceno contemporáneo e no noso idioma.

Sen dúbida un fin de festa do máis divertido a un Festival que contou cunha ampla participación en todas as actividades propostas.

Resumo das xornadas
A edición número catro do Festival Internacional de Cine Infantil, Cinema Miúdo, de Ames, deu comezo o venres pola tarde coas proxeccións das curtas nas categorías de “Axóuxeres” e “Buxainas”.

O premio do Xurado na categoría “Axóuxeres” foi para “Voa”, e o premio “Buxainas” para “Folla en branco”.

Na xornada do sábado, a clase maxistral de “Taller de Efectos Especiais”, a cargo de Alberto Hortas, de 4Ojos Estudio, coñecido pola súa participación en filmes como “El laberinto del Fauno“ e que tamén expuxo parte das súas pezas, compartiron protagonismo coas sesións de curtas.

Tamén nas mañás do sábado e do domingo se levaron a cabo sendos talleres de “Stop Motion”, a cargo de Fernando Cortizo e Isabel Rey, de Artefacto Producciones, creadores do filme “O Apóstolo”.

A festa dos videoclips galegos para que a cativada bailase e cantase, as sesións da productora galega OQO e dunha selección de curtas do festival convidado, Olloboi, completaron o cartaz desta cuarta edición.