Ir Indo presentou o libro ‘O río Arnoia’

Acto realizado no Liceo de Ourense

Ourense | A editorial Ir Indo presentou no Liceo de Ourense o libro ‘O Río Arnoia’. Bieto Ledo, director da editorial, comentou que todos os participantes na edición do libro son ourensáns: Xosé Luís Méndez Ferrín autor do prólogo; Xosé Benito Reza, redactor dos textos; Plácido Rodríguez, fotógrafo e o mesmo Ledo.

O autor dos textos sinalou que empezou a percorrer o río Arnoia desde a Serra de San Mamede ata a súa desembocadura no Miño, no ano 2005 e continuou en 2009 logo de ocupar un alto cargo na Xunta de Galicia. Indicou que desde pequeno é afeccionado á pesca e lamentou que baixasen as solicitudes de licenzas de pesca nos ríos.