Intercambio de alumnado entre Ponteareas e Bruxelas

Dentro do proxecto "Habitar a Terra con sabiduría"

Ponteareas | Os alumnos e alumnas de 4º de ESO do colexio La Inmaculada de Ponteareas veñen de recibir unha Beca Erasmus+ na modalidade K210 para asociacións a pequena escala na mocidade. O proxecto “Habitar a Terra con sabiduría: de Ponteareas a Bruxelas” será levado a cabo coa Ecole Européenne Bruxeles II da capital belga.

No mes de abril, o alumnado do colexio La Inmaculada viaxará a Bruxelas e compartirá unha semana cos alumnos e alumnas belgas da súa mesma idade, ampliando a súa formación en francés e inglés. O coñecemento e a defensa do medio ambiente é un dos pilares do programa polo que visitarán a Oficina Europea do Medio Ambiente, o ecosistema da costa belga e os Invernadoiros Reais. Tamén coñecerán a cultura deste pais en cidades como Bruxelas, Bruxas e Gante. Visitarán a Casa de Europa, o Parlamento Europeo e o Museo de Arte e Historia.

En maio virá a Galicia o grupo belga e coñecerá o Parque Nacional das Illas Cíes, a Ribeira Sacra, e Santiago de Compostela. Terán tamén unha visita guiada polas ribeiras do río Tea y unha xornada hidrotermal no spa de Mondariz-Balneario. Saborear a gastronomía galega tamén formará parte da experiencia.

Antes do intercambio os rapaces e rapazas coñeceranse mediante a plataforma meeting, intercambiarán información e farán actividades para preparar a viaxe.

O objectivo xeral do Programa Erasmus+ é apoiar o desenvolvemento educativo e persoal das persoas no ámbito da educación, a formación, a xuventude e o deporte, dentro de Europa e fóra do seu territorio, contribuindo así ao crecemento sostible, ao emprego de calidade e á cohesión social.

As asociacións a pequena escala permiten aos actores gañar experiencia en cooperación internacional e fortalecer as súas capacidades.