Instalada a pasarela peonil que une a Oleiros con Leirado en Salvaterra

Na estrada PO-402 con apoio da Xunta de Galicia

Salvaterra de Miño | Xa está rematada a instalación dunha pasarela na estrada PO-402 na senda entre Oleiros e Leirado. A senda, unha obra da Xunta de Galicia que unificará as parroquias de Oleiros, Fiolledo, Corzáns e Leirado; ten un itinerario fundamentalmente de uso para os peóns que supón unha mellora de seguridade e accesibilidade.

Actualmente, xa hai tramos rematados e coa pasarela colocada avanzase na obra que dotará a veciños e veciñas de mobilidade entre parroquias e conectará co centro urbán de Salvaterra de Miño.