Inauguran na Guarda o XXIV ExfiMiño adicado ao Camiño Portugués pola Costa

Organizado pola Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (SFeNG)

A Guarda | Este venres 23 de xullo inaugurouse o XXIV ExfiMiño dedicado ao Camiño Portugués pola Costa ou Monacal, organizado pola Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (SFeNG).

O acto de inauguración contou coa presenza de José Ángel Gándara Rodríguez, presidente da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, o cal, deu a benvida a todos os presentes agradecendo a colaboración da Deputación de Pontevedra, Concello da Guarda, Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI), agradecendo ao párroco Jesús García Villadóniga (ausente por estar nun servizo eclesiástico), así como os coleccionistas filatélicos participantes e, por suposto, a respectable audiencia.

Na súa intervención, José Ángel Gándara Rodríguez, dixo que, con motivo do Ano Santo, unha vez máis, a SFeNG súmase, como en anteriores ocasións, á difusión da cultura a través da filatelia do pobo e as súas xentes. Este ano a mostra está dedicada ao Camiño Portugués pola Costa xa que, nosa Villa é a porta de entrada en España deste camiño histórico que data do século XII, onde por el peregrinaron a Santiago de Compostela importantes personaxes da realeza, clérigos e nobres.

Con tal motivo, Correos concedeunos un selo personalizado e un cuño especial. Tras a intervención do Presidente da SFNG, fixo uso da palabra María Elisa Abad Suárez (Marila), secretaria xeral de FEGASOFI, quen dedicou unhas palabras de recoñecemento ás persoas que forman parte da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, polo seu destacado labor ao longo do tempo na organización de eventos filatélicos e, na participación dos seus integrantes en concursos nacionais e internacionais.

Tamén tivo unhas palabras de recordo para Valentín Suárez Alonso, presidente de FEGASOFI, quen faleceu o 12 de maio de 2021 a causa do Covid-19, destacando que se non fóra por esa fatal circunstancia hoxe estaría aquí gozando en compañía dos membros da SFNG e sentirse como na casa.

A continuación, interveu Iria Lamas Salgueiro, Deputada Provincial de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente, Arquitectura e Proxectos Europeos, agradecéndolle por estar na Guarda e coñecer a persoas que traballan para a filatelia, organizando eventos como leste.

Por último, Mª Montserrat Magallanes Álvarez, Concelleira de Cultura da Guarda, agradeceu aos membros da SFNG a súa implicación e o seu traballo continuado e mesmo a súa colaboración noutras actividades culturais.

Ao mesmo tempo, deséxalle á nova xunta directiva da SFNG moito éxito e continuar o traballo realizado polas anteriores directivas; tamén se referiu que, cada vez que os filatelistas da Guarda levan as súas coleccións a diferentes eventos, tanto nacionais como internacionais, tamén están a levar un pouco da Guarda polo mundo, e iso é de agradecer.

Finalmente, autoridades, membros da SFeNG e público, achegáronse a visitar a exposición que mostra coleccións dos seguintes expositores: Jesús Andrés López Calvo “Dar hospedaxe ao peregrino. Hospitalidade e asistencia nos camiños de Santiago”. José Barros Cachaldora “Vía da Prata”, “Vía da Prata. Camiño Sanabrés”, “Camiño Francés”, “Camiño de inverno”, “Camiño da Costa”, “Camiño do Norte primitivo”, “Camiño Portugués” e “Tarxetas do camiño”. Carlos Pérez- Fonterosa Antón “Camiño de Santiago, Patrimonio da Humanidade”. Luciano Lomba Vicente “Do mosteiro rural á catedral urbana”.

Como é habitual, publicouse o Boletín informativo da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, ExfiMiño, con artigos relacionados coa exposición.