Inaugurado o Festival Internacional de Xardíns de Ponte de Lima

Co tema "Os Jardins e as Alterações Climáticas"
O presidente da Câmara Municipal de Ponte de Lima, Vasco Nuno Magalhães Velho de Almeida Ferraz, e Corina Porro.

Ponte de Lima | A 17ª edición do Festival Internacional de Xardíns de Ponte de Lima – FIX foi inaugurado este 27 de maio e ata o próximo 31 de outubro co tema “Os Jardins e as Alterações Climáticas”. Na inauguración estiveron presentes o presidente da Câmara Municipal de Ponte de Lima, Vasco Nuno Magalhães Velho de Almeida Ferraz, así como diversas autoridades locais e incluso galegas, na que destacou a presenza da ex alcaldesa de Vigo, Corina Porro.

Este FIX conta cun total de 12 xardíns, 11 novos proxectos e o mais votado do ano pasado, “O Jardim do Diálogo”, da Arquiteta paisagista da República Checa, Magda Jandová, en parceria con Viveiros Adoa, de Vigo.

Esta edición conta con proxectos provenientes de 12 nacionalidades diferentes, a maioría de Portugal pero tamén de Polonia, Alemaña, Austria, Romanía, Noruega, Brasil, España, Escocia, Italia, República Checa e Francia.

Nesta edición tamén participan 250 nenas e nenos de 9 institucións de ensino pré-escolar, 1º e 2º ciclo do Concello de Ponte de Lima.

Os xardíns están divididos da seguinte maneira:
Xardim 1 – JI das Lagoas – Janelas do Presente Vs. Janelas do Futuro
Xardim 2 – JI de Freixo – A diversidade de que gostamos, amamos e queremos preservar…
Xardim 3 – JI de Cepões – Maravilhas de Cepões
Xardim 4 – CE da Facha – As Cores da Terra
Xardim 5 – JI de Arcozelo – O Jardim das Abelhas
Xardim 6 – EB 2,3 António Feijó – SOS Planeta Terra
Xardim 7 – vencedor de 2021
Xardim 8 – JI de Brandara – Salvem o Planeta Terra
Xardim 9 – EB de Freixo – Desflorestação: A reflorestação está nas tuas mãos
Xardim 10 – EB1 de Ponte de Lima – Que pegada queres deixar no Mundo?
Xardim 11 – CE de Trovela – O Mundo está nas nossas mãos
Xardim 12 – EB1 de Ponte de Lima – Eu protejo a nossa “Casa”. E tu?

Ponte de Lima Com Vida
Con anterioridade, o presidente da Câmara Municipal de Ponte de Lima, Vasco Nuno Magalhães Velho de Almeida Ferraz inaugurou no Museo dos Brinquedos a iniciativa ‘Ponte de Lima Com Vida’, que realizará unha serie actividades entre maio e outubro.

Destacan entre elas a Eco Festa, a Festa do Vinho Verde, as rutas dos Tapetes Floridos, Cimeira á beira Mostra do Cinema de Galicia, Art’in Lima, XIV Feira do Cabalo, Marchas de São João, O Mundo a Dançar, a XIV Festa dos Petiscos, o III Loureiro de Ponte de Lima Com Vida e a Sidrama de sidra e bebidas de pomar.

Tamén se realizarán o Parque da Vila de Ponte de Lima, o Campionato Mundial de Maratón, os Jogos Ecuestres, a Rainha das Vindímias, o Festival de Teatro Ruarte, as Rotas de Romarías a Cabalo e as Ferias Novas de Ponte de Lima.

Escultura do Santiago Apóstolo
Tamén inaugurouse no Albergue de Peregrinos de Ponte de Lima a escultura sobre o Santiago Apóstolo doada polo escultor Fidel Velasco, radicado en Vigo.

En agradecemento por esta doazón, o alcalde de Ponte de Lima obsequiou ao escultor cun agasallo característico da Câmara Municipal.

Analista de xeopolítica e relacións internacionais. Licenciado en Estudos Internacionais (Universidade Central de Venezuela, UCV), magister en Ciencia Política (Universidade Simón Bolívar, USB) e colaborador en think tanks e medios dixitais en España, EE UU e América Latina.