Inaugurada nova ruta sendeirista na Cañiza

Trátase da ruta "Fontefría PR-G 206"

A Cañiza | Por primeira vez o Concello da Cañiza consigue a homologación de rutas de sendeirismo diante da Federación Galega de Montañismo: a PR-G 206 e a PR-G 207

Cun percorrido de 7,7 km de lonxitude, a ruta discorre polas Parroquias de Achas e Petán, situando o punto de inicio no alto de Fontefría, a 790 m de altitude, do que se parte en dirección Norte.

O sendeiro transcurre por unha zona chaira con pasteiros nos que se atopan varios túmulos megalíticos, coñecidas como mámoas. Continúa por camiños entre repoboacións de piñeiro silvestre con lagoas estacionais e o regato de Portapiñeiros. Nestas zonas chairas e húmidas existen varias turbeiras.

É unha das 3 rutas que o Concello recuperou dentro do seu Plan de Reordenación de Sendeiros, xunto coa ruta da Cidade Castrexa das Grades e a ruta de Luneda. Unha actuación cun inventimento de máis de 30.000€, financiada ao 100% polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e que ten por obxectivo poñer en valor o noso potencial paisaxístico, aproveitar ao máximo os nosos recursos naturais e orientalos hacia o turismo rural de forma desestacionalizada, para impulsar a nosa economía.

Con estas tres iniciativas e xunto co Sendeiro do Río Ribadil, pertencente ao Espazo Natural Rede Natura 2000 e a ruta PR-G 165 Sendeiro das fragas e levadas do Calvo e Deva, o Concello da Cañiza completa a súa REDE DE SENDEIROS, axeitada a unha zona cun potencial e valor ecolóxico e natural de alto nivel.

Según manifestou o Alcalde Luis Piña “a posta en marcha deste Plan de Reordenación de sendeiros era unha asignatura pendente da gobernanza da Cañiza e unha actuación prioritaria no eido medioambiental e turístico para poder aproveitar ao máximo os nosos recursos endóxenos, neste caso as nosas paisaxes, camiños e lugares con encanto, que estamos seguros serán capaces de atraer a camiñantes e turistas e que axudará a impulsar a nosa excelente oferta gastronómica e vitivinícola”.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos