• Segue conectado
  • |

Inaugurada a Senda Valentín Paz Andrade en Salceda

Salceda de Caselas | O Concello de Salceda de Caselas ven de inaugurar a Senda Valentín Paz Andrade, que durante os seus 1.350 metros percorre as ribeiras do Río caselas dende As Pontes ata As Regadas, case ca no límite co Concello de Salvaterra de Miño. O proxecto, redactado polo Enxeñeiro Técnico Agrícola Julio Piñeiro, e que foi merecedor do Premio ao Mellor Proxecto Visado no 2012 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Pontevedra, enmárcase dentro do programa de actuacións previsto polo Concello de Salceda de Caselas encamiñadas á recuperación, creación e posta en valor de espazos destinados a uso público para o recreo e espallamento das veciñas e veciños do municipio, así como das e dos visitantes. Neste caso estase recuperouse unha zona en estado de abandono para usos recreativos, aproveitando o entorno na marxe do Río Caselas, que dá continuidade ao tramo de senda xa existentes entre O Rubal e As Pontes. O Concello de Salceda continúa así na súa constante recuperación dos seus ríos, así como do seu entorno, coa construcción duns paseos que son xa seña de identidade do municipio.
O proxecto está cofinanciado pola Deputación de Pontevedra (100.428,08) dentro do PID 2012 e polo Concello de Salceda de Caselas, que investiu 29.178 € nos Orzamentos de 2012 e en torno aos 30.000 € nas obras complementarias da totalidade da senda.
Neste caso homenaxéase tamén ao escritor Valentín Paz Andrade, compromiso adquirido coa Fundación Legado Valentín Paz Andrade xa en maio de 2012, cando se lle adicou o Día das Letras Galegas. O fillo do homenaxeado, Alfonso Paz Andrade, agradeceu a entrega e implicación amosada polo Alcalde e os seus compañeiros/as de goberno neste proxecto, do que se amosou orgulloso. Tivo tamén palabras de lembranza para a súa nai Pilar, viúva de Valentín Paz Andrade, que por motivos de saúde non puido asistir ao acto, e que hoxe mesmo cumplía 95 anos.
Cándido Lorenzo, Concelleiro de Medio Rural e Medioambiente falou sobre os cambios nas maneiras de actuar dos estamentos públicos, e agradeceu especialmente aos 127 propietarios dos terreos polos que pasa a Senda pola súa confianza no proxecto e a cesión de ditos terreos.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda, lembrou que o punto de inicio da senda, onde hoxe se levou a cabo a inauguración, coincide co punto no que durante moitos anos se estableceu a captación de auga para o consumo dos salcedenses, lembrando que era auga de mala calidade e que ademáis deixaba enormemente minguado o Río Caselas. “As políticas de xestión do ciclo da auga e da recuperación e posta en valor das ribeiras do Caselas fúndense hoxe neste lugar nunha forte aperta”.

Publicado o 22 Dec 2014 en Salceda de Caselas.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies