• Segue conectado
  • |

II San Silvestre no concello de Salceda de Caselas

Deporte, festa e solidariedade unidos para rematar o ano.

Salceda de Caselas |
 A Concellería de deportes do Concello de Salceda ven de organizar para rematar este ano 2012 a segunda edición da San Silvestre, este ano con un motivo solidario.
Esta marcha popular tivo lugar o venres 28 con saída ás 21:00 horas da praza do Concello, precorrendo un total de 3 Km. por todo o centro urbán e contou con 671 participantes que puideron degustar un chocolate ó seu remate.
Os asistentes aportaron 1 litro de leite para o Programa de Alimentos do Concello, iniciativa que tivo moi boa acollida, posto que moitos veciños e veciñas de Salceda entregaron o seu litro de leite aínda que non participaron na xa tradicional carreira de fin de ano.
Ó remate fíxose entrega duns pequenos agasallos ós primeiros clasificados da proba, que neste caso foron para María Martínez González (1ª clasificada feminina) e para Akka Essadaoui (1º clasificado masculino), ademáis este último repite como gañador xa que ocupou este mesmo posto na I San Silvestre do Concello, o pasado ano 2011.
Como xa é habitual tampouco faltou un pequeno agasallo para os participantes de menor idade, que neste caso tiñan apenas un ano. Mención especial merecen os participantes de maior idade Carmen Martínez González e José González Pérez este último con 89 anos, todo un exemplo.
Unha vez máis a Tenencia de Alcaldía aposta polo deporte para crear un ambiente festivo para tódolos públicos no Nadal. Este ano deporte, festa e solidariedade foron da man nesta II San Silvestre do Concello de Salceda.
Marina Cabaleiro, “apostamos por seguir facendo este tipo de actividades para compartir con toda a familia, xa que consideramos que é unha maneira de convivir nestas datas de nadal, ademáis cada vez os veciños e veciñas nos sorprenden máis coas súas iniciativas particulares para participar nestas actividades e algúns veñen disfrazados ou con instrumentos musicais, co cal a diversión sempre está garantida”
“Unha vez máis non podemos esquecernos de agradecer a colaboración da Bolsa de Voluntarios de Salceda, Voluntarios de Protección Civil, GRUMIR e Policía Local” e como non dos que colaboraron económicamente co chocolate e cos premios Javucho Publicidade, Bocatería Cerkanías ou Tabertenda”.

Publicado o 31 Dec 2012 en Salceda de Caselas.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses desde a súa publicación. É posible que o contido non estea actualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies