II Festival de Verán Xograres de Lemos

Celebrouse no Edificio Multiusos de Monforte

Monforte de Lemos | José Tomé, alcalde de Monforte e Gloria Prado, tenente de alcalde, xunto co concelleiro de Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, o concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, e a concelleira de Muller, Igualdade e Consumo, Regina López, asistiron onte, 22 de xuño no Auditorio do Edificio Multiusos á presentación da segunda edición do Festival de Verán a cargo dos Xograres de Lemos.

O festival tal e como explican os componentes da Asociación Cultural, ten como obxectivo promover a cultura, a música e as tradición galegas, ofrecendo un espazo de encontro e convivencia para a ciudadanía e para todas aquelas persoas que valoran e apoian a nosa riqueza cultural. Como en edicións anteriores, contou cunha gran afluencia de público, que encheu o Auditorio do Edificio Multiusos e como é habitual, o programa desenvolveuse coa interpretación de melodías variadas, a cargo de distintos compoñentes da Asociación, nun festival no que non faltou o humor nin a música.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.