Humanización da contorna da Reitoral de Santa Comba de Bande

Turismo de Galicia investiu preto de 30.000 euros

Ourense | Manuel Pardo, delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse esta mañá ao concello de Porqueira para, acompañado da súa alcaldesa, Sandra Quintas, o resultado das obras de humanización na contorna da Reitoral de Santa Comba, nas que a Turismo de Galicia achegou 30.000 euros, ao abeiro da orde de axudas do ano 2025 para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas en municipios de ata 10.000 habitantes.

Durante a súa visita, o delegado territorial subliñou que na resolución deste ano destas achegas, este municipio foi beneficiario con preto de 30.000 euros para adecuar un espazo dentro da parcela da reitoral para o estacionamento de vehículos dos visitantes. Nesta liña, resaltou que a Xunta destinou máis dun millón de euros a 35 concellos da provincia de Ourense, “unha mostra máis da aposta transversal da Xunta de Galicia polo turismo, xa que actuamos en cuestións estratéxicas e de calado e tamén naquelas máis sinxelas, pero que contribúen ao embelecemento e que son moi valoradas polos visitantes”,destacou.

Manuel Pardo sinalou que esta orde, dotada de 2M€, ten como obxectivos o desenvolvemento do turismo na comunidade autónoma de acordo cos principios de calidade, accesibilidade e sustentabilidade; a potenciación do turismo como un factor de crecemento económico, a valorización dos recursos turísticos e o fomento do turismo como un instrumento de reequilibrio territorial.

Nesta liña, destacou que a través destas achegas, búscase por en valor dos recursos dos municipios beneficiarios a través da súa rehabilitación ou restauración para dedicalos a usos turísticos, así como coa recuperación de elementos etnográficos ou da arquitectura tradicional. Ademais, apoia a mellora da accesibilidade a estes recursos coa eliminación de barreiras arquitectónicas e da súa sinalización con elementos integrados de forma respectuosa coa contorna.

Tamén puntualizou que mediante estas axudas fináncianse gastos como a mellora na sinalización turística de sendeiros, a iluminación e os accesos a recursos turísticos, así como a posta valor de conxuntos patrimoniais, o acondicionamento de recursos culturais e paisaxísticos ou a recuperación de elementos locais como fontes ou muíños.

Concellos beneficiarios
Os municipios beneficiados por esta liña de subvencións, ademais do concello de Bande, foron Maceda, Boborás, Verea, Porqueira, Cortegada, Parada de Sil, A Arnoia, Carballeda de Valdeorras, San Xoán de Río, Esgos, Muíños, Xunqueira de Espadanedo, Oímbra, Castrelo do Val, O Bolo, Beade, Cenlle, Montederramo, Entrimo, O Castro de Caldelas, Allariz, Vilar de Barrio, Avión, A Teixeira, Vilardevós, Castrelo de Miño, Laza, O Pereiro de Aguiar, Leiro, Cartelle, Maside, Lobeira, Nogueira de Ramuín, Taboadela.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.