Homenaxe ao Pasodobre "Puenteareas"

Reveriano Soutullo
O 20 de outubro celebrouse en Ponteareas o LXXXII Aniversario da estrea do pasodobre Puenteareas. Así, realizouse unha ofrenda floral diante do busto de Reveriano Soutullo e a continuación a Banda de Música do Conservatorio Reveriano Soutullo interpretou a peza homenaxeada.
O acto rematou coa proxección dun vídeo no Salón de Plenos do Concello sobre a estrea do pasodobre e a súa consolidación como o­bra de referencia no ámbito musical.