Homenaxe ao coronel Cachamuíña en Pereiro de Aguiar

Con motivo do 175 aniversario do seu falecemento

O Pereiro de Aguiar | O Concello de Pereiro de Aguiar celebrou un acto de homenaxe a un dos seus antepasados máis ilustres, Bernardo González do Valle, coñecido como o coronel Cachamuiña, con motivo do 175 aniversario do seu falecemento, que sucedeu o 6 de setembro de 1848.

O alcalde, Luís Menor, sinala que se trata de “recoñecer a un dos nosos veciños, que transcendeu á historia como un heroe da Guerra da Independencia e da reconquista de Vigo”.

O acto tivo lugar no cemiterio de San Salvador, ante a tumba que acolleu os seus restos mortais ata o ano 1932, cando foi trasladado a Vigo. O alcalde lembrou tamén a outros ilustres veciños, como o escritor e investigador Xosé Ramón Fernández Oxea “Ben-Cho-Sey”, e ao relixioso e ensaísta Pai Feijoo.

* Foto do acto de homenaxe no cemiterio de San Salvador.